CRÓNICAS 5-6/4

ALEVÍN 7

Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 8-8 Hotel Pensua Punta Del Este XiriaDuro encontro o que afrontaron os nosos nenos que comenzaron perdiendo o primeiro cuarto pero conseguiron gañar o segundo. Despois de perder o terceiro cuarto os nosos xogadores non baixaron o ritmo e ganaron o cuarto empatando o partido.

SENIOR

Bm Linea 21 Lignum Plus 25-39 Distevi Seis do Nadal-Coia. Encontro complicado contra o reciente campeon de liga moi merecido. A pesar dunha 1ª parte moi mala con moitos erros e irnos o descanso 9-21 na 2ª parte conseguiron lavar a imaxen e loitando os 30 minutos. A unica crónica que se pode realizar e que temos unha aficion que son os mellores, dando igual o resultado estiveron animando todo o encontro ata o final, recibindo os xogadores na chegada o pavillon. Un exemplo e orgullo para o noso club. Moitas gracias a todos.Este fin de semana ultimo encontro frente a Bueu que de ganar ou esperar resultados nos clasificariamos para xogar a final four o 26-27 de abril.

CADETES

BM Linea 21 Reformas Coruña 28 Balonman Chapela 40 Derrota dos cadetes na eliminatoria que da acceso a Final 4. O encontro foi marcado pola lesión de Derek no minuto 1 do encontro, a cal acabou cas posibilidades de loitar por esa praza, a pasar desto os nosos rapaces non deixaron de loitar nin un segundo.Parabens a todos por esta magnífica tempada.

CRÓNICAS 15-16/3

SENIOR

Granitos ibericos Carballal 23-21 Bm Linea 21 Lignum Plus. Derrota dura, nun encontro que era clave para escaparnos e non deixalos meter na loita, e agora se axusta todo un pouco mais a falta de 3 xornadas e 1 aprazado. Non fumos quen de romper o encontro, loitábamos en defensa para conseguir o balon e en ataque non eramos quen de meter gol. Dende o 18-17 tivemos un monton de oportunidades ata chegar a poñernos 18-21 e inda asi a pesar das oportunidades que tivemos deixamos que o rival se metera no encontro e acabar con ese resultado final. A seguir aprendendo e loitando ata o final.

CADETE MASCULINO

BM Linea 21 Reformas Coruña 37 – Valinox Novas 36. Arrancamos con victoria na loita polo titulo de Liga prata. Gran encontro de todos os compoñentes do equipo, que a pasar do gran rival que tiñan enfrente, deron o mellor de cada un pra quedar cos 2 puntos.

BM Linea 21 Arealonga Clinica Veterinaria 40 – Bm Ribadosar 36. Victoria do noso equipo, despois de moitos meses de duro sufrimento polas derrotas, o equipo foi que de levarse os primeiros 2 puntos de esta nova fase. Noraboa a todos polo gran traballo realizado, o esforzo e a perseverancia sempre dan os seus frutos.

INFANTIL MASCULINO OURO

Balonmán Línea 21 Transgalo 34-30 Balonmán Porriño A. Victoria do noso equipo que consolida a 5° posición en liga Ouro a falta dunha xornada. Encontro onde todos os xogadores desfrutaron de moitos minutos de aprendizaxe. Ánimo que aínda queda moito por diante! Noraboa rapaces!

INFANTIL MASCULINO PRATA

Club Balonmano Atlantico 34-40 BM Línea 21 Fixman. Victoria dos infantís de prata nesta segunda fase da competición. Diversos erros defensivos penalizaron o marcador.

Seguimos aprendendo e desfrutando!

ALEVÍN 5

Bm Pontedeume 12- Bm Linea 21 4. Partido difícil para os nosos alevíns ante un Pontedeume cunha defensa bastante forte e un ataque rápido, a pesar diso os nosos alevíns intentaron disfrutar ao máximo.

Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 12-6 BM. Culleredo. Os nosos nenos enfrentáronse a este partido cunha moi boa actitude e unha grande intensidade tanto no ataque coma na defensa o que lles posibilitou levar a dianteira durante o encontro e ganar os cuatro cuartos.

CRÓNICAS 11-12/1


SENIOR
Bm Linea 21 Lignum Plus 27-29 Pavimentos Rias Baixas Bueu. Dura derrota para poder engancharnos no playoff. Un encontro moi igualado que nos intres finais por erros propios deixamos escapar o partido. Toca seguir loitando e remontar en esta segunda volta.

INFANTIL MASCULINO OURO
A casa do Gato BM Lalín 27-34 BM Línea 21 Transgalo. O equipo saiu pouco concentrado pero a actuación de Gabi na portería foi quen de manter o equipo no encontro mostrando a diferencia no marcador ata o final.
Está liga é moi longa; toca seguir loitando💪.

INFANTIL MASCULINO PRATA
Garayxa Xiria B 30-27 BM Línea 21 Fixman.
Derrota en Carballo dos nosos infantís de liga prata. Destacar a actuación de Mario na portería e a boas actuacións defensivas.
A seguir así rapaces!

INFANTIL FEMININO
Bm Linea 21 Mi Barrio 32-23 Maquisaba Xiria. Encontro frente as 2ª clasificada empatados a puntos, que tras unha 1ª parte moi igualada, na 2ª conseguimos recuperar balóns e atacando rapido para asi lograr a distancia no marcador. Unha victoria moi importante na que todas foron participes e para seguir medrando.

ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 12-4 Bm Culleredo Ascor Consulting
Partido onde os nosos nenos sairon cunha intensidade desde o comenzo da primeira parte ata o final do encontró onde grazas a grandes actuacións tanto ofensivas coma defensivas conseguiron levar a dianteira durante as catro partes e ganar o partido.

ALEVÍN 5
Bm linea 21 Academia Pluralia 4- Bm pontedeume 12 . Partido que comenzou moi igualado debido ao empeño que lle puxeron os nosos a este partido, pero a rapidez e experiencia dos contrarios fixo que se levaran a victoria en tódolos cuartos.

Bm linea 21 Academia Pluralia 4- Bm 5 Oar Coruña. Os nosos comezaron o partido moi despistados e con certos erros que os do Oar foron quen de aproveitar, levándose a victoria en tódolos cuartos. Seguiremos traballando para que sexan menos os erros que cometamos nos partidos!

CRÓNICAS XORNADA 26-27/10

Infantil feminino.
Bm Linea 21 Mi barrio 29-38 Club Balonmano Atlántico, encontro que a pesares da diferencia fixemos unha gran 1ªparte, e na segunda impuxemos mais ritmo e anotando goles rápido pero olvidámonos de defender e os rivais aproveitárono índose no marcador. Unha experiencia máis, un encontro con melloria e a seguir medrando.

Senior.
Bm Límea21 Lignum Plus 33-31 Sar Op Mobility . Enfrontamento cos primeiros da liga e uns dos favoritos para estar nos primeiros postos. Unha primeira parte para enmarcar con moi boas defensas e un xogo moi fluido demostrando que sabemos xogar ao balonmán. Na 2ª parte remontaron os 4 goles que tiñamos de ventaxa atascándose, pero foise remontando e empatando poñéndonos por riba. Ao final unha vitoria moi importante, moi sufrida e moi loitada que demostra que somos capaces de pelear contra calquera. Primeiros 2 puntos da tempada, e seguimos loitando para chegar á 2ª volta nunha mellor posición na táboa que continuando nesta liña poderá acadarse.

Alevín7.
Bm 7 OAR Coruña1952 5-11 Bm Linea21
O encontro iniciou cos nosos nenos levando a ventaxa e conseguindo alzarse coa victoria nos dous primeiros cuartos. No terceiro cuarto os contrarios sairon con mais intensidade conseguindo o empate, ao final os nosos xogadores seguiron loitando logrando obter a victoria no último cuarto.

Infantil masculino liga plata.
Bm Line21 Fixman 44-21 BM Ribadosar.
As accions rápidas en ataque e un bo xogo colectivo dictaminaron un encontro onde todos os xogadores disfrutaron de minutos. A vindeira fin de semana recibimos a un forte Garaixa Xiria B.

Infantil masculino liga Ouro.
Bm Culleredo óptica Gallaecia 34-34 BM Línea Transgalo.
Encontro onde o nosos foron quenes de ir ao descanso cunha renda de 3 goles. Na segunda parte alcanzaron ata 8 goles de vantaxe,pero diferentes erros tanto defensivos coma ofensivos deron a posibilidade de que os cullerdenses puidesen levar a victoria pero foi unha parada do noso guardaredes Gabriel quen nos permitiu llevarnos un punto.
Destacar a volta á pista do noso xogador Aitor despois dunha longa lesión.
Toca descanso esta vindeira fin de semana.

Cadete.
BM Linea 21 Arealonga 57 – 43 BM Ribadosar
Segundo encontro por noso equipo cadete que realizarou un gran partido en ataque.
A pesar de haber gañado temos que seguir mellorando a nosa defensa.Noraboa a todos.

BM Abegondo Opemat 32-37 BM linea 21 Reformas Coruña
Segunda vitoria fronte ao Abegondo,que a pesar dun comezo con erros provocado pola continua defensa mixta sufrida por Derek, o equipo foi quen de adaptarse e sacar a relucir as diferentes posibilidades de xogo que pode ofrecer. Noraboa!

CRÒNICAS XORNADA 31/08 01/09

INFANTIL MASCULINO
Arrancamos a fase de clasificación do BM Línea 21 Trasgalo infantil masculino sumando dous puntos como locais.Bo comezo dos nosos nesta fase de clarificación con vitoria 39-18.Moitos minutos para todos os xogadores mostrando solidaridade no xogo en equipo. Seguimos traballando e crecendo, isto so é o comezo dun longo camiño !


CADETE
Valinox Atlético Novas 31 – BM linea 21 Reformas Coruña 30. Arrancamos a fase previa desprazándonos ao Rosal. Encontro que xa se plantexaba intenso dende o comezo, no que os ataques superaban as defensas, indo sempre 1-2 goles por debaixo no marcador. Na 2ªparte os 2 equipos modificaron as súas defensas, o cal fixo que a dificultade de cara a portería foi maior. Con todas estas e indo sempre por debaixo no marcador,a falta de 30 segundos co resultado 30-30 e con posesión, a falta de experiencia e os nervios provocaron un erro de pase a 10 segundos, que despois dun tempo morto o equipo local foi quen de marcar gol e levarse os 2 puntos. A pesar da derrota temos que destacar a capacidade de loita do equipo o cal non baixou os brazos nos 60 min.
En 15 días recibimos na casa o Reconquista, desexando poder sacar os primeiros puntos desta tempada.


SENIOR
O Grove Paraiso Rasoeiro Bm 27-30 Bm Línea 21 Lignum plus. Comezo da competición de Copa, co desprazamento ao Grove. Partido moi igualado, no comezo conseguimos pouco a pouco poñer unha pequena distancia ao descanso de 4 tantos gracias ás boas defensas. Na 2ª parte comezamos moi ben poñendo unha distancia de 9 tantos, que o Rasoeiro consigueu recortar ata 3 tantos ao final do encontro por erros en ataque e goles rápido. Primeira vitoria en competición onde nos espera o finde do 14 o desprazamento a Bueu para o 2º encontro.