INFANTIL FEMININO
Tubasys Xiria 24-30 Bm Linea 21 Mi Barrio
Segundo encontro de copa, no que nos enfrontábamos a un equipo de Liga Ouro, tras unha 1ª parte igualada, e un mal inicio da 2ª que chegamos a ir 5 abaixo, superon sacar ese coraxe que lles caracteriza, para presionar en defensa e recuperar balóns para recortar a renta e acabar ganando de 6. Estas guerreiras seguen demostrando que dia a dia van mellorando e seguen aprendendo. Un orgullo de equipo.
INFANTIL MASCULINO
Copa federación fase única grupo 3 norte.
BM Línea 21 Fixman 46-40 BM Culleredo Climanosa. Os infantís de primeiro ano lograron a victoria nesta 2° xornada de copa. Aínda que oubo moitos erros defensivos foron capaces de manter o ritmo en ataque e imponerse no marcador.
INFANTIL MASCULINO
Copa federación grupo 1 norte.
BM Línea 21 Transgalo 40- 26 Garayxa Xiria B.
Victoria fronte ós de Carballo marcado polo xogo colectivo e a profundidade ofensiva do equipo coruñés.
ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 6-10 Asesoría Cervantes Xiria . Duro partido o que afrontaron os nosos nenos onde debido a intensidade do rival perderon dous dos catro cuartos, ainda así os nosos xogadores non se rendiron e conseguiron empatar os outros dous cuartos con todo non puideron acadar a victoria no encontro.
ALEVÍN 5
Bm linea 21 Academia Pluralia 10- 6 Bm Abegondo. Partido no que os nosos alevíns o deron todo, tanto en defensa como en ataque, máis no último momento do último cuarto os de Abegondo meteron gol, perdendo ese cuarto.
Bm Brigantium 8- 8 Bm linea 21 Academia Pluralia. Partido moi intenso tódolos cuartos, donde tanto os do linea como as do Brigantium se querían facer coa victoria. Os nosos fixeron un moi bo partido tanto en defensa como en ataque. Seguindo nesta línea podemos conseguir moitos logros!

BENXAMÍN
Bm Augas do Paraño Xiria 11- 5 Bm linea21 Mapfre Los mallos. Partido no que os nosos bexamíns cometeron algúns erros tanto na defensa como en ataque e os do Xiria foron quen de aproveitalos. Aínda así non se rendiron empatando o último cuarto.

BENXAMÍN
Bm Culleredo Res. La Poetisa 6-10 Bm Línea 21 Wekco.net
Bm Línea 21 Wekco.net 10-6 Bm Carral Súmate. Excelentes últimas xornadas dos nosos rapaces, na que se afianzaron no primeiro posto da liga, sumando dúas vitorias. Demostraron unha grandísima proxeccion al largo da tempada e nunca se renderon, moi orgullosos deste gran traballo e do grupo.