Tiñamos saída frente ao Culleredo que afrontabamos coa baixa de Victor Gonzalez por lesión, e Miguel Rial por motivos persoais. Comezouse o partido moi ben indo por diante e facendo un bo xogo pero recibimos pronto a expulsion por vermella directa de Dani Gonzalez e a lesión de Hugo Bello (que confirma rotura de tibia) e fomos ao descanso perdendo de 2. Reanudamos o partido enfocándoo doutra maneira polas ausencias pero foise complicando por pérdidas e contraataques no que lograron despegarse do marcador. Tamén nos quedamos sen Adrián Novio por 3 exclusiòns e tocou aguantar ata o final no que perdemos 35-24 resultado duro pero ante todo o sucedido sò queda recuperarse. Gran partido de Alex sendo o pilar atacante, o máis importante darlle ánimos aos nosos xogadores ausentes e a pronta recuperación de Hugo Bello que pronto o teremos con nòs dando guerra de novo.
Archivo de la categoría: Uncategorized
Alevíns 7 Bm Línea21 Restaurante Cho 10-6 Club Balonmano Atlántico

Nesta semana o Bm Línea21 Restaurante Cho afronta dous difíciles encontros a domicilio ; contra o Abegondo e o Culleredo respectivamente.
ALEVÍN 5 Arteixo Restaurante Abuín 12- 4 BM Línea21 Autos Pallas

Un partido marcado pola intensidade defensiva de ambos equipos decantouse do lado do equipo amarelo en parte gracias a unha gran labor individual dalgúns dos seus xogadores e dunha gran solidez na porteria. O partido, que por algúns momentos volveuse bastante tenso estivo moi axustado á hora de decidir quen se levaba cada cuarto, xa que a diferencia de goles ao final de cada un era mínima.
Cabe destacar a gran capacidade dos nosos de non baixar os brazos a pesar da dureza e intensidade do xogo. A valoración é positiva pese a que todavía quedan moitos aspectos por pulir e que de cara ao transcurso da tempada será moi importante mellorar.
BENXAMÍNS Óptica Auris Xiria 10- 6 BM Línea21 Reformas Coruña

Afrontamos unha nova semana de entrenamentos con ilusión e coas pilas ben cargadas.
PLAN CORRESPONSABLES
VEN A XOGAR AO BALONMÁN, Cubre este formulario, contamos contigo

SENIORS BM Línea 21lignum plus 31-BM Miño 30

O equipo notou a veteranía e experiencia de Toño que non asistiu ao encontro por motivos persoais.
Asimismo destacamos o gran encontro de Pedro, levando o peso do xogo e a brillante actuación do xuvenil Alex.
Agora a recobrar forzas para o próximo encontro.
INFANTÍS CP Lucense 30-14 Academia Pluralia BM Línea21

O ACADEMIA PLURALIA BM LÍNEA 21 afrontaba o sábado un difícil encontro na súa visita ao CP LUCENSE. Dende o comezo do encontro o conxunto local amosouse superior debido a súa superioridade física e un gran movemento de balón. Na segunda parte o conxunto coruñés propúxose cambiar o partido e parecía que o iba conseguir pero debido a numerosas exclusións e algunha decisión arbitral fixo que o Lucense se marchara tamén no parcial da segunda metade.
Con todo isto destacar o esforzo feito polos xogadores do Academia Pluralia Línea 21 a pesares do marcador.