A fin de semana para o Línea 21 arranca cunha victoria por parte do alevin mixto, que hoxe venres disputaba unha xornada de liga contra o Culleredo mixto feminino. O encontro foi de menos a mais para os do Línea, intentando acomodarse dentro do seu xogo habitual. Comezaron o seu xogo algo distraidxs, aínda que pouco a pouco foron entrando no partido sempre sen descoidar o marcador. Na defensa, cabe destacar algún erro dos cales foron decisivos para as locais que atoparon clara ocasión de gol. Eses erros defensivos así como de ataque non foron problema para que os do Línea levaran a voz cantante durante todo o encontro, con pequenas variacións no encontro pero sempre marcando os ritmos.No ataque, a facilidade de roubos e subidas os contraataques como, o xogo rápido e fácil na busca de espazos libres foron as decisión clave para sentenciar o final, onde o Línea 21 gaña cun marcador de 4-12. Para a fin de semana que ven o Línea 21 centrase en recibir na casa o Lucense, será un partido reñido e xusto polo que os locais deberán de sacar o seu lado mais competitivo.
Esta fin de semana o Alevin mixto Línea 21 recibia na casa o Abegondo, partido asequible para os locais. Comezaba o encontro no que o Línea 21 saía moi metido, realizando unhas boas presións e roubos de balóns.O xogo rápido e dinámico dos locais comezaba a facer dano os visitantes no seu marcador. O partido viase con un gran ritmo pautado polos locais. No ataque, presentabase cun xogo fluído con desmarques e xogo sen balón, xerando espazos detrás da defensa. Ademais dende os extremos atoparon grandes oportunidades de gol. Na defensa, mantiñanse presionantes e intensos, sen darlle moito pé os visitantes a poder atopar claras ocasións de gol. Finaliza o encontro 12-4 para os locais, encontro no que deixaron ver realmente o gran potencial deste gran equipo.
Os benxamins disputaron a su xornada o Domingo en Tarrio
Temos o placer de podervos presentar un proxecto que leva moito tempo sendo un forte desexo na mente dos nosos. Aquí vos deixamos a cación oficial do BM Línea21: FENIX.
Esperamos que sexa tan especial para vós como o é para nos. Agradecementos a @eleloisito pola composición e gravación deste proxecto e a @matt.orion85 por poñer a súa voz.
Nesta ocasión o clube púidose deleitar cos relatos de tres xogadores con pasados balonmanísticos e persoais fortemente ligados entre sí, ó ter sido xogadores do mesmo equipo, pero con actualidades distintas.Presentábase por primeira vez para algúns integrantes do noso clube Cristian Remeseiro, xogador do clube de División de Prata SD Teucro, o cal fíxonos coñecedores da súa traxectoria como xogador, comezando nas categorías inferiores do Oviedo e continuando no Clube Balonmán Ártabro tras o seu desprazamento a Galicia antes de acadar un posto titular no seu equipo actual. Cristian contounos cómo era a situación de vivir fóra do seu fogar e de xogar nun equipo de tanto nivel xunto a Jacobo Río e alentaba ós pequenos do noso clube a antepoñer os estudos a calqueira outra cousa.Seguíalle na reunión Jacobo Río, que comezou a súa carreira balonmanística no Club Balonmán Oleiros, seguindo no Clube Balonmán Ártabro, onde compartiu camiseta cos outros dous integrantes da conversa, para terminar facéndose un oco no SD Teucro xunto a Cristian Remeseiro. Jacobo compartiu as palabras de Cristian, facendo fincapé na novedade que supoñía o ser un xogador profesional frente ós seus humildes comezos como xogador do Ártabro. Tamén dixo que a rutura do Ártabro casi o fai abandoar a súa carreira balonmanística, pero como despois de darse conta da súa pasión polo balonmán o fixo incorporárse ás filas do BM Línea 21 durante un ano antes de continuar xogando no seu equipo actual.Como terceiro integrante desta reunión presentábase Eloi Caamaño, coñecido entre todos os integrantes deste clube por ser xogador do equipo Senior e por competir codo a codo xunta Cristian e Jacobo no Clube Balonmán Ártabro. Eloi puido contar cómo a disolución do seu equipo, o comezo dous seus estudos universitarios e o seu vínculo ca música fixeron que casi deixara o balonmán, pero tras ver a oportunidade de axudar ó noso clube e de darse conta do seu amor polo balonmán decidiu seguir xogando.
A reunión concluíu cun sorteo de roupa que levou a cabo Cristian Remeseiro, no que cada asistente da reunión puido levarse unha prenda do xogador do SD Teucro.
Thiago Jordan Xogador da seleción Brasileira de balonman playa, 5 veces campeón do mundo, mellor defensor do mundo en 2018, mellor defensor de Europa no 2019.
Rubén Río Campeón Europeo e Mundial coa selección xuvenil, agora xogador de Asobal e próximo gran fichaxe do clube francés US Ivry Sur Seine que milita na máxima categoría do Balonman francés.
Juan Carlos 25 anos de experiencia no balonmán, gañador dun titulo en Francia como xogador en categorías inferiores, campeón de liga e copa no BM Xallas en categoría infantil feminino, actualmente entrenador do equipo senior no BM Línea21.
Nesta videoconferencia o clube tivo a oportunidade de conversar con 3 xeracións distintas e con diferentes experiencias no deporte do Balonmán. Voltaba con nós Rubén Río, Campeón Mundial e Europeo en categorías xuvenil coa selección Española, que nos falou da súa fichaxe co clube parisino do Ivry sur Seine e que comenta que terá seguramente que esforzarse no aspecto físico para poder competir nunha das mellores ligas do mundo. Tamén nos comentou como foi o seu paso de ser xogador amateur a ser chamado coa selección española e a seguir ser profesional. Thiago Jordano, compañeiro do noso adestrador Wallace, experimentado Campeón Mundial con Brasil en balonmán praia e nombrado en varias ocasións mellor defensor do Mundo e de Europa, conversou sobre súa saída do mundo das coñecidas fabelas para poder chegar a ser o que foi neste deporte e máis na vida mesma. Agora segue xogando no Carnés do Ribeiro a este deporte, pero en pista, onde di que ás oportunidades de adestrar casi a diario en instalacións deportivas lle fan desfrutar a cada momento. Comenta que o balonmán pista e moito máis exixente físicamente e considera que sen traballo e sacrificio non poidera chegar ata a profesionalidade. Juan Carlos Lois, que ten moita experiencia como xogador e adestrador, con varios títulos autonómicos como adestrador en categorías bases femeninas e outros títulos internacionales como xogador e adestrador, falou da súa experiencia en varios países e comentou que ás oportunidades de poder coñecer este deporte, coma outros, dende o punto de vista de varias culturas faille opinar que aínda que sexa un deporte coas mesmas regras para todos os que o practican, non sempre se traballa do mesmo xeito aínda que a meta sexa igual. Tamen aproveitou para falar do seu paso polo RC Strasbourg de Handball que tuvo que abandonar nos mellores «auges» por vir coidar (xunto coa súa nai é irmán) a seus abós e comentou a súa experiencia con este clube donde estaba con uns compañeiros de reputación mundial coma Marc Wiltberger que a seguir foi campeón co coñecido equipo dos «Barjots» de Jakson Richarson e con Constantini a cabeza, que conseguirían conquistar podiums olímpicos, mundiales e Europeos. Charla moi productiva a pesares de ter poucos/as seguidores/as. O clube plantease de avisar a máis clubes e equipos para que poidan desfrutar dun momento cos futuros invitados. Aupa Linea21, sempre Ríoliños